Esta agrupación foi fundada no mes de setembro de 1982 por un grupo de persoas de orixe galega co obxectivo de promocionar a cultura galega en Cataluña. Esta colonia galega ubicada xeograficamente nos barrios de Horta, Carmelo e Verdún demandaba un centro no que desenvolver distintas actividades que cubrira o vacío existente na vida social galega en Barcelona.
Desde a súa fundación esta entidade incrementou de forma constante o número de socios, iniciando o seu funcionamento con 22 asociados e contando na actualidade con 420 familias, das cales 341 son galegas.
Nos seus inicios contaban cun local social provisional no nº 44 da rúa Santa Otilia de Barcelona que debido ao incremento do número de socios e actividades realizadas requería unhas instalacións amplas, obligando a mercar un novo local.
Esta nova e actual sede social, na rúa Chapi, foi inaugurada oficialmente o día 11 de xuño de 1988. O edificio estaba en perfectas condicións estructurais e estivera adicado con anterioridade a fábrica de curtidos de pel.
Na restauración do edificio pretendeuse respetar en todo momento as condicións naturais do edificio adaptando as necesidades presentes e futuras do funcionamento da agrupación. Na planta baixa ubicouse un amplo hall de acceso, o restaurante-bar, dúas salas de xogos, a sala de xuntas, sala de lectura, biblioteca e sala de audiovisuais. Na planta primeira, atópase o salón de actos cun amplo escenario, as salas de música e ensaio utilizadas tamén como aulas de ensinanza, os vestiarios, unha ampla sala de xuntas e a secretaría xeral. O segundo piso, está destinado a zonas de fabricación de instrumentos e a confección dos traxes rexionais galegos.
A esta entidade foille concedida a condición de galeguidade pola Xunta de Galicia o día 26 de novembro de 1987, por Decreto 449/87 (D.O.G. nº 242, do 17 de decembro de 1987), e forma parte da “Federación de Entidades Culturales Gallegas de Catalunya”.
A agrupación efectúa relacións de intercambio e colaboración con outras entidades culturais, asociacións, irmandades, etc., e en especial coa Comunidade Catalana, participando en reciprocidade nas súas festas patronais e en todo tipo de actos organizados polas diversas institucións e organismos dependientes da administración autonómica e municipal, así como polas casas rexionais existentes en Cataluña.