Segundo recollen os seus estatutos, as finalidades da asociación son:
- Crear unha prolongación de Galicia en Euskadi.
- Desenvolver a compenetración e coñecemento de todas as nacionalidades do estado español con Galicia, prestando atención preferente ás relacións con Euskadi, ó ser esta Comunidade o seu ámbito territorial.
- Manter lazos culturais e sociais con Galicia, as súas xentes, súa historia, a súa cultura e o seu idioma, o galego, o cal emplearase en calquera tipo de comunicación oral ou escrito, nas relacións con persoas, institucións e organismo do exterior, xunto co castelán e/ou euskera.