Esta agrupación leva a cabo numerosas actividades culturais e formativas
- Cursos de galego, catalán e francés
- Conferencias e seminarios
- Mesas redondas
- Concursos literarios, de fotografía e debuxo
- Cursos de pintura, encaixes, bailes de salón e ximnasia de mantemento
- Cursos de cociña e costura
- Cursos de percusión, solfeo, gaita e danza
- Excursións e viaxes culturais
- Cursos de iniciación á informática, informática de xestión, ofimática e deseño web.
As clases impártense por profesores do propio centro, ou enviados pola Consellería de Emigración desde Galicia, e membros de grupos artísticos como Xacarandaina, Cantigas, Muxicas, Raparrigos, etc. dirixen cursiños a fin de mellorar o nivel cualitativo dos grupos.
Celebran o Día das Letras Galegas e o Día de Santiago Apóstolo. Tamén celebran festas patronais dos distintos barrios de Barcelona.
O grupo de gaitas e danzas da entidade participa nas múltiples actividades organizadas pola agrupación e tamén noutras actuacións no exterior, entre as que destacan:
- Participación na Festa da Cerveza en Munich con grupos de toda Europa, obtendo o 3º premio.
- Festival de Danza en Lausanne,no que obtiveron o 1º premio.
- Festival Folclórico patrocinado anualmente polo Concello de Barcelona.
- Festivais Folclóricos en Lugo, Madrid e Valencia.
- Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña francesa).
- Programas musicais de TVE “Gente Joven” e “Nueva Gente”, etc.
Publican anualmente a revista “Saudade”, que presentan coincidindo co aniversario da asociación. É unha publicación que trata temas culturais e de actualidade que gardan relación con Galicia e Cataluña, con especial atención ás actividades que se organizan desde a entidade.e co obxectivo de ser medio de expresión das inquietudes da mesma desde a pluralidade, buscando incentivar a participación da xente nova.
Teñen un programa de radio en língua galega cun contido moi amplo: entrevistas, música galega, noticias, entretenemento, cultura e actualidade da entidade.